Na nosa diocese, Cáritas sempre afirma que o seu papel non é repartir alimentos. Tal vez para facelo ver con maior claridade, prepara unha iniciativa para crear emprego.
Poder traballar: iso sí que favorece a dignidade das persoas. Antes da chegada do Nadal, o proxecto Arroupa pretende funcionar para unha recollida de prendas de un xeito novo. Unha xestión profesional que, por elevación, quere impoñerse aos roupeiros parroquiais.
Visitamos o polígono do Tambre, sede da nave do novo proxecto, o roupeiro da compostelana igrexia de San Fernando. José A. Beiroa Troiteiro é o Responsable de Emprego e Empresas de Inserción de Cáritas Diocesana e Isabel Fraga Castro será a xerente da nova empresa
Promotor
Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela ten entre outras finalidades a promoción humana e o desenvolvemento integral das persoas. Como instrumento para acadar os seus obxectivos, promoveu a constitución da Fundación CA.DI.SAN, declarada de interese galego e inscrita no correspondente rexistro.
Segundo se desprende dos seus estatutos, a Fundación ten como fins a asistencia social, o fomento da economía social e a promoción e atención as persoas en risco de exclusión social. Neste marco, a Fundación aposta pola creación dunha empresa de inserción “ARROUPA Santiago EIL” cuxo obxecto social segundo estatutos é “A incorporación ó mercado laboral de persoas en risco ou situación de exclusión social proporcionándolles un traballo remunerado e a formación e acompañamento necesarios para a mellora das súas condicións de empregabilidade e facilitarlles o acceso ó mercado laboral ordinario; a través de entre outras as seguintes actividades: servizos medioambientais: recollida de residuos, clasificación, valorización e tratamento; educación ambiental; servizos de hixienización de residuo téxtil reutilizable; xestión da entrega social de roupa as persoas necesitadas; proxectos formativos e de orientación e intermediación laboral; e venda polo miúdo de roupa de segunda man en tendas propias.”
Acción formativa
En agosto deste ano rematou a primeira acción formativa dirixida á identificación e potencialización das capacidades dos intervintes de cara a una posterior contratación laboral, así como a formación específica das capacidades técnicas da actividade a desenvolver. Un total de 13 participantes, persoas en situación ou risco de exclusión social, teñen adquirido os coñecementos necesarios para desempeñar as tarefas propias de operarios de recollida, selección e clasificación de textil en nave. Nunha primera fase de implantación de ARROUP⩝, prevista para o vindeiro mes de novembro, procederase á contratación dun mínimo de 8 persoas.
Actividade de ARROUP⩝
Realización dun proceso de recollida de textil de xeito, industrial e profesional, xestionando os puntos de recollida, procedendo a súa debida clasificación en función do destino final e contribuíndo á reutilización e reciclaxe de residuos para contribuir ó coidado do medioambiente. Defínense as seguntes subactividades:
1. Servizo itinerante de recollida textil nos actuales roupeiros e nos colectores de ropua que a empresa implantará nas vías públicas dos concellos e entidades privadas e entrega en almacén centra
2. Procesado do téxtil en nave:
- Selección e clasificación da roupa en función do destino final:
- Prendas non reutilizables pero cuxo material é reciclable, con destino plantas de reciclaxe téxtil e fabricantes de borra industrial ou aislantes.
- Prendas non reutilizables nin reciclables, con destino un Xestor de Residuos Autorizado poda certificar a súa valorización enerxética na súa destrucción.
- Prendas reutilizables que cumplan uns criterios internos de calidade, cuxo destino é a venda polo miúdo en tendas propias.
- Prendas reutilizables que non acaden os criterios de calidade para tenda, con destino a proxectos de cooperación internacional.
- Servizo de hixienización e posta a punto das prendas destinadas á venda polo miúdo mediante un sistema de ozonización en departamento estanco en nave.
3. Posta en marcha de tendas de roupa de segunda man, onde se formalizarán novos contratos de inserción a dependentes e estarán abertas ó público en xeral e ós usuarios para o canxe de vales.
A implantación desta actividade e as accións de visibilidade que se impulsarán teñen como obxectivos adicionais:
- Fomentar a responsabilidade a través dos principios de reducir o consumo de recursos naturalis, reutilizar as prendas en bó estado e reciclar os residuos para minimizar o impacto medioambiental.
- Cubrir as carencias existentes no noso territorio, mediante a dotación de sistemas de recollida selectiva de residuo textil, garantindo o destino final da roupa.
- Promocionar a cultura da reutilización, mediante a venda de prendas de segunda mán, que xa están a ser demandadas no noso territorio.
José A. Beiroa Troiteiro
Responsable de Emprego e Empresas de Inserción (Cáritas Diocesana)
Isabel Fraga Castro
Xerente de Arroupa