Editorial

Ano Santo Compostelano

Acabamos de deixar atrás un ano que nos sorprendeu con esta pandemia que nos toca vivir. Comezamos un novo ano 2021, Ano Santo Compostelano, que pola gracia do Papa Francisco se estenderá ao ano 2022, no que a vacina que se empeza a distribuír é un motivo de esperanza para a humanidade.

Nestes momentos tan distintos nos que nos toca vivir, invítasenos ao comezo deste Ano Santo a poñernos en camiño: “Sal da túa terra”, a facer unha peregrinaxe física pero tamén interior, a deixar atrás as nosas seguridades e comodidades para acadar a terra prometida, saír cara as periferias como nos invita reiteradamente Francisco, construíndo e acercando ese reino que nos presenta Marcos que está xa, pero aínda non, os preferidos do Señor, os que máis sofren.

Un tempo no que vivimos un Nadal diferente pero sen perder o misterio, “ o Deus connosco que se fixo home para camiñar ao noso carón, e que segue querendo nacer no corazón dos homes e mulleres de boa vontade que o queiran libremente acoller, para seguir sendo no medio da humanidade a luz que ilumine as nosas tebras e disipe os nosos medos.

Despois de abrir a Porta Santa dunha catedral rexuvenecida e resplandecente recordamos as verbas de San Juan Pablo II naquel viaxe de 1982:

Desde Santiago, te lanzo, vieja Europa, un grito lleno de amor: Vuelve a encontrarte. Sé tú misma. Descubre tus orígenes. Aviva tus raíces. Revive aquellos valores auténticos que hicieron gloriosa tu historia y benéfica tu presencia en los demás continentes.” “En el cristianismo se hallan aquellas raíces comunes de las que ha madurado la civilización del continente

Que Santa María e o Apóstolo Santiago intercedan por nós ao comezo deste Ano Santo Compostelano e que se cumpran nas nosas vidas os mellores desexos que levamos no noso corazón.

Josecho López Moldes