Económicamente vencellado á cidade da Coruña, á que se vai con boas comunicacións. Mentres que para ir a Santiago conta cunha estrada dependente da Deputación Provincial.
O arciprestado, recentemente ampliado, acolleu o antigo arciprestado de Seaia e parte do de Laracha. Está conformado coma unha pequena Galicia. Mar, en Malpica e Corme. Vilas: Carballo e Coristanco, con Ponte Ceso e Laracha e os devanditos portos. A vida social e política está dominada por Carballo, xa unha cidade de 20.000 habitantes, cabeza de seis concellos. A parte de montaña está representada por parroquias que rodean o monte Castelo, nos seus derrames cara ó norte.
Hoxe Bergantiños non é a terra do trigo como antaño, senón que ten pesca,construcción, conservas, madeiras, cerámicas… como industrias salientables. Van reducíndose as clásicas explotacións agrícolas. Hai unha caída da poboación como en toda Galicia. Temos unha EFA, florecente, á que acude mocidade de Bergantiños, Santa Comba e outras terras.
Vida Pastoral.
Hai 18 sacerdotes con una idade media de 72 anos para atender 62.000 habitantes nunha extensión de 600 Kms cuadrados. O retiro mensual é en Carballo.
Esta parroquia con cinco centros de culto, e cabeza da UPA marca o dinamismo pastoral da bisbarra. Débese, en boa parte, á capacidade de traballo e creatividade do seu párroco D. José García Gondar, quen coñece perfectamente o escenario pastoral polos 45 anos de servizo en Carballo, ademais de ter sido Vicario Episcopal da Coruña.
En Carballo empezou a escola de Axentes de Pastoral hai xa 16 anos. Os seus alumnos/as alí formados supliron (e estano facendo) a ausencia de sacerdotes en domingos, que resultou ser unha novidade moi chamativa.
Carballo ten unha folla semanal (A Xanela), presencia contante e renovada na páxina web do arcebispado.
Como exemplo da amplitude da actividade pastoral, poñeremos os servizos que presta Cáritas Interparroquial de Bergantiños, que vai liderada pola de Carballo:
Servizos ofertados por Cáritas Interparroquial de Bergantiños:
- Acollida e atención primaria
- Albergue para transeúntes
- Centro de día para maiores “Fogar de Bergantiños”
- Roupeiro
- Tenda solidaria
- Banco de alimentos
- Comedor sobre rodas
- Comedor social
- Casa de acollida para nais “ Fogar Dª Basilisa”
- Centro acollida e orientación familiar
- Atención a problemas de alcol e drogas
- Cursos formativos para inserción laboral
- Programa apoio educativo “Bo Samaritano”
- Español para estranxeiros
- Inmigrantes
- Convenio con Institucións penais
- Acompañamento a maiores
- Visitadores enfermos
- Piso de acollida temporal
- Vivenda acollida na Brea
- Fogar Apóstolo Santiago
- Fogar San Cristovo de Lema
Servizos ofertados polo Centro de Inclusión Social San Xoán Bautista
- Cursos de formación para inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social
- Cursos de formación artística e manualidades
- Cursos de formación musical
- Cursos online
- Convenio con Institucións penitenciarias
- Peregrinacións e viaxes culturais
- Padoadro Fogar de Bergantiños
- Talleres de formación pre laboral
- Programa de alfabetización de adultos
- Asociación da Terceira Idade
- Asociación Pais de Familia Católicos
- Asociación Fogar da Xuventude
- Centro de información da Mocidade “A Xanela”
- “Padroado Fogar de Bergantiños”
- Ensaian a “Coral Plifónica de Bergantiños”, o Coro de nenos “Voces Brancas”, a coral “Aires de Bergantiños”, o coro da 3ªidade “Ribeira do Anllóns”
- Ensaia o grupo de baile e cantareiras “Nemeth”
Hai unha comunidade de Fillas da Caridade, con atención a menores.
Na liturxia, coido que é unha bisbarra onde máis introducida está a lingua galega. A participación do pobo é constantemente requerida. Posiblemente habería que estimular máis a participación da mocidade. E a todos, no canto.
Cada xoves hai exposición do Santísimo na cripta da parroquia, e cada martes, no santuario de V. Milagrosa.
Tandas de cursillos prematrimoniais, preparación para país e padriños de bautismo e confirmación.
Conta o arciprestado con grandes santuarios: V. Milagrosa en Carballo, V. dos Milagros en Caión , S. Adrián en Sofán, S. Adrián en Malpica, Santa Margarita en Montemaior, S. Antonio na Agolada.
O verán bergantiñán está marcado polo labor evanxelizador destes centros de culto. Coincide cun tempo de vacacións na vida escolar e pastoral. A relevancia da relixiosidade popular está hoxe moi valorada polos expertos. Bergantiños é moi dado a visitar santuarios, a súa presencia é moi acollida aló onde aparece a piedade dos fregueses de Bergantiños.
Xosé Pumar Gándara
Escritor e sacerdote