Parroquias

Aprendendo ¡co Pelegrín

Temos tres imaxes ou representacións principais de Santiago, o Maior: sentado, camiñando e cabaleiro. Pero é a do pelegrín camiñando, sen dúbida, a máis fiel á historia do noso apóstolo (enviado) evanxelizador.

Por eso se propuxo, durante o pasado ano, aprender con él, para unhas pelegrinaxes con máis proveito. Así -como preparación para o Ano Santo 2021- púxose a viaxar unha imaxe-relicario do Apóstolo, por toda a diocese, con paradas de tres días en cada lugar, co fin de facilitar unha catequese, oración comunitaria, …coma un ‘ir quentando motores’, como se di; foron tres tamén os aspectos a considerar do Ano Santo e do noso patrón (amigo do Señor, discípulo apóstolo). Esta idea inicial desenrolouse de diversas maneiras en cada parroquia ou unidade pastoral.

O sábado 22 de febreiro, na igrexa de san Fiz de Solobio, e no contexto dunha «misa do peregrino», foi cando se bendiciu a imaxe e se puxo en camiño… E nesa igrexa acougará cando remate o recorrido. Encertouse esta andaina en Santiago de Boimorto, como primeira estación, e está -ó remate do ano- no Monte do gozo.

Ademáis da imaxe-relicario, ofreceuse un folleto para a reflexión e oración con tres esquemas adaptables á celebración da Eucaristía ou á celebración da Palabra, ademáis dunha estampa con oración, para rezar en grupo ou persoalmente.

A proposta tivo boa acollida en moitos sitios, e axiña se foi poñendo en práctica o calendario elaborado según se iba pedindo desde os diversos lugares da diocese

A pesar do tempo de confinamento, e a marcha do Sr. Bispo auxiliar (que coordinaba esta actividade), esta pelegrinaxe foise facendo ata os últimos días do 2020.

Sería pretencioso avaliar os froitos, ainda poñendo diante tódo-los datos disponibles. O que sí se constata é o bo sentido que se lle atopou a esta iniciativa pastoral, que ainda se ve posible e proveitosa para preparar a pelegrinaxe no novo ano, alí onde o consideren oportuno. Desde as Vicarías territoriais seguirase coordinando o percorrido.

José A. Seoane

Vicario de Santiago