Sínodo

Sínodo diocesano: Parroquia de Carballo

Houbo intres iniciais de desconcerto mentres non recibimos suficiente información. Podemos distinguir as etapas  polas que pasou  a reflexión no nosa parroquia.

1.- Un recordo da lexislación pastoral diocesá desde 1909, data do Sínodo anterior.Houbo un Concilio Ecuménico, o Concilio Pastoral de Galicia, dúas edicións do Código de Dereito Canónico, así como normas da C.E.E. e do noso arcebispado.

2.-O chamamento do noso prelado, Mons Barrio, coa súa pastoral sobre o Sínodo fíxonos reflexionar.Toda a igrexa:clero e fieis, homes e mulleres, estamos convocados, temos a obriga de participar. A oración compostelá polo Sr.Arcebispo resume o que o Sínodo debe ser.

3.-Gran número de fieis pertencen á Unidade Parroquial de Carballo.Necesitábase a formación de diversos grupos. Así foi, nos comezos.

Pero en Carballo, desde hai 14 anos vén funcionando cada curso a Escola de Axentes de Pastoral, con notable asistencia.

Polo que, os tres grupos inicialmente proxectados para Carballo foron integrándose no do centro parroquial.

Quizais fose Carballo a primeira freguesía na que se albiscou unha solución para un futuro determinado pola carencia de sacerdotes. Por iso vimos  traballando na formación pastoral, litúrxica e teolóxica dos seglares. Así, mulleres e homes pasaron a celebrar a Palabra en domingos nas nosas parroquias da Unidade Parroquial.

Isto produciu gran admiración e foi noticia nos medios de comunicación españois, que viñeron facer entrevistas a estos seglares, sorprendidos en activo na súa misión evanxelizadora.

4.-Os primeiros textos preparatorios do Sínodo, tal como foron chegando, parecéronnos inconcretos, feitos a carreira pola urxencia do caso.

Nas sucesivas remesas de cadernos, vimos uns documentos para estudo ben preparados..

Temos mandado aportacións á Secretaría do Sínodo.

Idea dominante foi poner en activo todos os rendimentos que o sacerdocio laical pode e debe aportar. A formación do laicado  debe ser asumida como un esforzo central pola diocese e levala adiante en todas as bisbaras.

A concentración do clero en parroquias base; adistribución do labor pastoral nos equipos sacerdotais (liturxia, caridade, mocidade, catequese, enfermos…) segundo as propias aptitudes de cada presbítero, son ideas a ter moi en conta.

As cifras previstas para o futuro do noso clero, tanto en número como en idades, son desalentadoras en si mesmas.Isto urxe para que teñamos os equipos de laicos dispostos e formados para exercer nas parroquias.Se non, a Fe poderá esmorecer.

5.-Esperanzas temos na celebración final do Sínodo para renovar en todos o afán evanxelizador.

Coidamos que o Seminario debe formar os futuros sacerdotes como chamados a despertar a colaboración do laicado. Así mesmo, os presbíteros deben sentirse dispostos a convivir en grupos con apoio mutuo, e tamén traballar “en rede” no campo pastoral diocesán.

O indivuidualismo, como aquel vello sistema beneficial que houbo no dereito canónico, son contraproducentes ante os desafíos que hoxe temos por diante.

Xosé Pumar Gándara

www.parroquiacarballo.com