irían os cronistas que… “Andaba o ano 1973 cando os xoves que conviviron nos claustros do entón abandoado Mosteiro de Armenteira e hoxe rehabilitado por una comunidade de relixiosas cistercienses, fixeron a primeira andada da Pascua Xoven de Arousa.
Sí , eran anos, os 70, de moitos cambios, dunha banda no eido social, e pola outra, tamén no pastoral. Simultáneamente a estos profundos e vertixinosos cambios, usando a linguaxe do último concilio ecuménico o Vaticano II, aparecen como dúas caras da mesma moeda:
O DESENCANTO E O PASOTISMO DOS XOVES.
Un dos termos máis acuñados nesta década foi o de crise; Parecía que todo estaba en crise, pero coma sempre, esta só é unha parte do real, xa que coma dicía moi ben o xove Agostiño de Hipona “Os tempos somos nós, os tempos facémolos nós”. E así foi sempre na vida dos pobos e tamén na nosa igrexa.
Se para moitos a data de 1973 trae á memoria a crise do petróleo, para outros, sobre todo en Galicia, esta data escríbese con encanto xuvenil e entusiasmo eclesial. En Vilagarcía de Arousa, tan coñecida pola súa ría e bos mariscos, estaba nacendo unha fermosa perla, que se daría en chamar PASCUA XOVEN DE AROUSA.
Un grupo de moz@s acompañados por un xoven e dinámico crego, D. Xaime Vaamonde Souto, que estaba a desempeñar as suas tarefas pastorais no instituto e na nova comunidade cristian que estaba a nacer, A NOSA SRA. DA XUNQUEIRA de Vilagarcía, deciden hacer unha xuntanza no Mosteiro de Armenteira. Esta primeira convivencia foi o xérmolo de outras ata chegar ás actuais convivencias no mes de abril de centenares de xóvenes galegos e de fora de Galicia, nos idílicos xardíns do colexio das irmás Filipenses de Vilagarcía.
Eran momentos de ilusión e gozo os que aqueles mozos estaban a vivir. E como foi sempre na vida e na cultura do xoven, a música xogou un valor engadido, valor que a Pascua Xoven tivo sempre a ben coidar e mimar.
De feito nesta xa, 45 edición está dedicada a Música.
Cada ano elíxese un tema que os xoves van traballando nos seus grupos de orixen, e a través do método: ver, xulgar, actuar, intentan chegar a xuntanza final que é sempre dúas semanas despóis da Semana Santa, na Xunqueira de Vilagacía cunhas conclusións/compromisos.
Aquí en Vilagarcía, a través de momentos de reflexión, debate, oración, talleres e xogos compartidos tense unha forte experiencia de fe ao estilo do “Camiño de Emaus”.
Uns dos momentos claves e privilexiados de toda a fin de semana é o Penitencial e a Eucaristía que rematamos sobre as 1:30 h da madrugada do domingo.
Non podemos olvidar a testemuña que sempre marca un antes e un despois na vida de moitos mozos.
Este ano tratándose da Música a Testemuña é o gran cantautor Migueli, con él disfrutaremos e cultivaremos un perfil alegre, fresco e dinámico do noso seguimento de Xesús:
“Cambia la cara, cura tu herida, esta es tu casa y tu familia. Ánimo hermano y ánimo hermana vente a la vida…” Migueli.
Manuel Antonio Couceiro Cachaldora
Coordinador Xeral da Pascua Xoven de Arousa