Gracias D. Julián!
Agradezo moito o honor que se me fai coa invitación a colaborar nesta publicación con motivo dos 25 anos de Bispo de D. Julián, para manifestar en nome dos irmáns sacerdotes o cariño ao noso bispo pai, amigo, irmán e pastor.
E comezo coas súas palabras que agarimosamente recollo no prólogo do libro que escribín con motivo das miñas Vodas de Ouro Sacerdotais: “50 anos dun Cura Feliz”: “donde desfallece el entendimiento , toma vuelos el afecto […] Es momento de hacer memoria con el corazón que se manifiesta en agradecimiento a tantas personas que a lo largo de estos años han estado en su entorno…”
Tamén eu quero facer memoria agradecida e felicitación convertida en pregaria ao Bo Pastor para que o siga iluminando e conservando “ad multos anos”.
Lembro perfectamente. Era o día 31 de decembro do 1993, estábamos convocados para una reunión do Consello episcopal, xa que pola tarde era a apertura da Porta Santa. Ao comezar a reunión, o Arcebispo, D. Antonio Rouco, comunícanos o nomeamento de D. Julián como bispo auxiliar, informándonos da súa biografía, e dando grazas ao Apóstolo pola gracia xubilar do novo Bispo na apertura da Porta Santa.
Como Vicario tiven a oportunidade de acompañar a D. Julián como guía nos primeiros pasos como Bispo pola Coruña e a Vicaría, o que me dou a oportunidade de coñecer e admirar a súa humildade, bondade, preparación, preocupación pastoral….
Iniciábase así unha fraterna relación de amizade, comuñón fraterna e colaboración con D. Julián como bispo auxiliar e despois como Arcebispo.
- Julián xa leva un ano de administrador diocesano coa satisfacción de toda a Diocese, sen decatarnos que hai sede vacante, de xeito que se vai extendendo a opinión de que é o mellor candidato para Arcebispo, opinión que se fai chegar á Nunciatura.
O Papa Xoán Paulo II, interpretando o común sentir e a satisfacción xeneralizada dos diocesáns, nomea a D. Julián como arcebispo de Santiago. Faise público o seu nomeamento o 5 de xaneiro do 1996.Un bo agasallo de Reis, que foi recibido con unánime satisfacción.
Providencial casualidade, o dia seguinte do seu nomeamento, o día da Epifanía , D. Julián Arcebispo electo vén a Carballo para presidir o funeral de enterro polo Rvdo Alberto Pazos Recarey, Vicario Parroquial de Carballo. Así os sacerdotes de Bergantiños, o Consello Pastoral e toda a parroquia rezou e felicitou ao novo Arcebispo.
Especial emoción sentín cando o domingo 25 de febreiro tivo lugar a toma de posesión de D. Julián como Arcebispo. Pero aínda máis emotivo cando a nai de D. Julián e as sobriñas lle presentaron as ofrendas. Porque ademais do seu maxisterio e labor pastoral, quero destacar o cariño exemplar con que atendeu e coidou aos seus pais.
O 8 de marzo fixo a súa presentación como Arcebispo na cidade de A Coruña na Colexiata de Santa María, coa presencia dos sacerdotes, do Alcalde herculino e das autoridades. Aínda que xa o 23 de xaneiro o alcalde D. Francisco Vázquez, con motivo da bendición do novo edificio “Hogar Sor Eusebia”, felicita a D. Julián e resaltou o labor de atención aos necesitados que vén levando cabo na Igrexa.
Despois da toma de posesión D. Julián quixo ter unha reunión especial cos curas de cada arciprestado para coñecer directamente a situación persoal e pastoral, e ir concretando a aplicación do Plan diocesano, e das accións de cada arciprestado. Fomos celebrando estas reunións nun ambiente fraterno, con resultado positivo .
O Arcebispo tamén ía presentando a preciosa Carta Pastoral programática “Confiados na Palabra do Señor”, que faría oficial o día 25 de xullo.
Despois de 12 anos de dedicación á Vicaría Episcopal, D. Julián nomea novos Vicarios con data do 6 de novembro de 1996: D Victor Maroño Pena (Provicario), Antonio Vicente Ferreirós (Vicario de Santiago), Juan Cartelle Deus (Vicario de A Coruña), José Soneira Lema (Vicario de Pontevedra), Luis Otero Outes (Vicario de Ensino e Catequese), e Manuel Calvo Tojo (Vicario xudicial).
Moito agradecín a D. Julián este relevo, non porque estivera descontento na Vicaría, senón porque os meus pais velliños me necesitaban.
E de xeito especial eu quero agradecirlle a D. Julián o cariño con que me acompañou no enterro dos meus pais, e as súas entrañables homilías. O 3 de marzo do 1998 e o 24 de xaneiro do 2006 .
Se D. Julián coñece e percorreu toda a Diocese, dun xeito especial estivo presente en Carballo e Bergantiños. Sabemos que quere esta terra e que se sinte querido, como na súa casa. Velaquí algúns datos:
- 5 de agosto: Bendición da igrexa de San Cristovo e Nª Sª da Boa Viaxe.
- Bendición da Vivenda Tutelada para Maiores e apertura do curso pastoral 2001-02
- O día 8 de xaneiro 1997 con toda solemnidade tivo lugar o acto de apertura do “Ano da Parroquia”, alentou o Concilio parroquial como experiencia de comuñón eclesial,e solemne acto de clausura na festa da Sagrada Familia, o 27 de decembro.
- Despedida a D. Manuel Rodríguez Rodríguez ao ser nomeado párroco de Betanzos
- Misa das Familias acompañando ao Nuncio Mons. Manuel Monteiro de Castro o 6 de maio do 2006.
- O 20 de xaneiro 2006 bendición do Centro de Día para Maiores “Fogar de Bergantiños”, que Cáritas Diocesana habilitou na Casa Reitoral de Verdillo.
- O domingo 23 de abril de 2017, Domingo da Divina Misericordia, D. Julián inaugurou o atrio totalmente renovado da Parroquia de Carballo e bendixo a nova imaxe “Mater Misericordiae”
Ademais da súa presencia física coas súas homilías, o seu maxisterio tamén de xeito personalizado por escrito.
Cartas pastorais aos cristiáns de Bergantiños, Seaia e Laracha, animando a participar na Escola de Axentes de Pastoral, na que ao longo dos dezaseis cursos inaugurou e clausurou varias veces.
Presencia no Ano Xubilar Mariano da Milagrosa, na Bendición do Fogar Dona Basilisa… Mención especial a sua entrañable devoción á Virxe Maria como queda ben patente nas homilías que no Ano Xubilar Mariano da Milagrosa pronunciou, e na Vixilia diocesana da Inmaculada que se celebrou en Carballo
Todos sabemos a súa preocupación polas vocacións, e o sufrimento que con el compartimos cada vez que preside o enterro dun cura.
Cando estivo internado no Hospital, no CHUS, todos rezamos pola súa saúde. Fun a visitalo e acompañoume o amigo Pepe de Muros (q.e.p.d.), e coa simpatía que o caracterizaba dixo: “Sabes que D. Julián ten envexa das enfermeiras? Porque fan máis curas ca el.”
Que o Señor siga conservando a D. Julián con saúde, que non teña que volver ao Hospital, e que as súas Vodas de Prata Episcopais traían o regalo de moitas e santas vocacións á nosa Diocese para que “poida facer máis curas”.
José García Gondar
Párroco de Carballo e Unidade Pastoral